Icono del sitio CanalBarbanza.com

OUTES RECLAMARÁ MELLORAS NO SANEAMENTO DAS AUGAS MUNICIPAIS E ARRANXOS NA REDE VIARIA

O saneamento da auga e a mellora na rede viaria son as principais reclamas que o Concello de Outes fará ao goberno galego. Sinala o seu alcalde que a Xunta prometeu anos atrás avances nestas materias que aínda están por executar.

Un dos máis importantes para o rexedor é a necesidade de mellora na rede de saneamento en diferentes puntos do rural outense. Unha intrevención cifrada en preto de 700 mil euros que o goberno local non pode asumir. Sinala Manuel González que a intervención melloraría significativamente a calidade de vida dos veciños destes lugares.

Salir de la versión móvil