O martes vindeiro o Parlamento de Galicia acollerá o debate sobre a aprobación definitiva dos orzamentos da Xunta para o 2025. Os partidos da oposición presentarán as súas emendas para dotar de maior financiamento a diferentes áreas da xeografía galega. É o caso do BNG do Barbanza, que reclamará maiores investimentos no eido económico e social.
A principal necesidade que salientan os nacionalistas é a dotación de chan industrial na comarca, xa que está esgotado nos catro concellos da comarca.

