Se hai algo que acompaña ao espírito navideño son os regalos. Noiteboa, Nadal e Reis son os días onde se reparten os agasallos, e en moitas xogueterías xa esgotaron stock dalgúns produtos para os cativos.
Este ano a demanda é alta en canto a xoguetes. Dende algúns comercios afirman que neste Nadal volven os de antes, os que estiveron de moda anos atrás. Con todo, existe gran variedade no referido á idade de quen o pida.