Antes do comezo da pandemia a nivel global, en Galicia había 26 gasolineiras low cost. A día de hoxe, o número ascende ata as 111, representando o 15,7% destes establecementos na comunidade e acaparando todas as de nova apertura.
Dende as gasolineiras tradicionais admiten que estes dous modelos son diferentes pero compatibles, sinalando que as as principais diferencias son tanto o prezo como a calidade de servizos que se proporcionan.