Galicia pechou o 2016 con 22.894 galegos e galegas menos nas listas do paro, é dicir, cun 10% menos de desemprego que hai un ano, o que supón a maior caída interanual desde o inicio da crise

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado salientando que Galicia está consolidando a súa recuperación económica porque o ano acabou con menos paro e cun crecemento nas afiliacións á Seguridade Social e na contratación indefinida e a tempo completo.
Sinalou, así mesmo, que por cuarto ano consecutivo logra reducirse o número de persoas sen emprego nun mes de decembro, datos que sitúan á Comunidade galega en niveis inferiores aos de hai 7 anos. “Galicia rexistra máis de 3 anos de baixadas de paro consecutivas na evolución anual”, subliñou.

https://www.youtube.com/watch?v=DEsM9CiGOHA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.