Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CIDADE DE RIBEIRA CAE POLA MÍNIMA ANTE O ÓRDENES. A DERROTA POR 1 A 0 SITÚA AOS RIBEIRENSES SÉTIMOS CON 23 PUNTOS.

O Cidade de Ribeira volve do feudo do Órdenes cunha derrota baixo o brazo. O 1 a 0 final ante o Ordes non foi iso si mostra do esforzo dos xogadores de Manuel Ángel Pena por puntuar.

A primeira parte transcorreu sen dominador claro, e non foi ata o minuto 55 cando un gol de Pablo Mouriño adiantaría aos locais. Logo disto, aínda que o Cidade chegou en varias ocasións á meta rival, os intentos non foron suficientes para bater as redes do Órdenes.

O 1 a 0 final deixa aos de Ribeira como sétimos clasificados con 23 puntos, os mesmos que a SD Dubra, agora oitavos, Lalín, sextos, e San Tirso, quintos marcando os postos de fase de ascenso.

Salir de la versión móvil