A alta velocidade entre Vigo e Porto segue sendo unha das principais demandas da Xunta de Galicia. Dende a cidade olívica, o presidente do executivo galego esixiu ao Goberno central esta infraestrutura e un compromiso firme para incluir un calendario de obras e investimentos.
Con representantes de ambos lados do río Miño, Alfonso Rueda salientou os lazos que unen a Galicia e Portugal, sinalando así a necesidade de aumentar este vencellamento coa alta velocidade ferroviaria.