As súas maxestades chegarán por mar ás 17.30 horas ao recheo do Malecón de Ribeira, onde serán recibidos cunha estrondosa benvida pirotécnica. Se o tempo o permite farán a súa arribada a bordo da Dorna Nai da Confraría da Dorna e, se non fose posible, nunha lancha da Confraría de Pescadores de Riveira.
En total serán dez as carrozas participantes, todas adornadas con motivos mariñeiros posto que a temática deste ano é “A chegada dos Reis polo mar” . Ademais, cómpre subliñar que de forma excepcional con motivo do seu 20º aniversario da entidade unha undécima carroza do Club Natural Sport en forma de barco dará a benvida este ano á Cabalgata.
No transcurso do desfile repartiranse 1.200 quilos de caramelos aptos para celíacos que se farán en varias cargas durante o percorrido.
https://www.youtube.com/watch?v=H_uDIWA3vsE