A menos dunha semana do peche do Obradoiro de Emprego Tahume IX, os concellos de Ribeira e Porto do Son iniciaron hoxe a décima edición. Desta vez os talleres serán de Forestal e Carpinteiría de madeira.
Os 20 alumnos desta edición asistiron hoxe á presentación na Casa da Cultura de Xuño, lugar onde se impartirán as clases ao ser un dos puntos medios entre ambos concellos. Dende o concello sonense califican de éxito este novo obradoiro, para o cal tiveron que desbotar numerosas propostas de veciños.