Icono del sitio CanalBarbanza.com

AS LUCES DE NADAL XA ADORNAN AS RÚAS DA POBRA

O Nadal xa chegou á Pobra do Caramiñal. As rúas da localidade xa contan coa súa decoración para celebrar esta época tan agardada do ano e un ano máis as luces enchen de cores o municipio. O sábado foi o momento escollido para acender o alumeado, acto no que non faltaron dous elfos de Papá Noel que cantaron panxoliñas. A praza Alcalde Segundo Durán foi o lugar escollido para facer o acendido xeral no que os máis pequenos foron protagonistas ao premer o botón que deu luz ás noites do Nadal na Pobra.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil