Logo de seis derrotas seguidas, o Noia Portus Apostoli puxo fin á súa xeira de encontros perdidos tras empatar esta fin de semana na casa ante o Córdoba Patrimonio de la Humanidad. A vitoria ségueselle resistindo aos brancos pero tamén racharon a racha de encontros sen marcar firmando un tanto que puideron ser máis. Finalmente o marcador lucía o 1-1, reparto de puntos para os dous equipos nun duelo no que a falta de acerto local privoulles do triunfo.