Unha ducia de entidades sociais asinaron hoxe co Concello de Ribeira os convenios de colaboración que suporán un investimento próximo aos 850.000 euros.
Unha medida enmarcada no compromiso do goberno local en mellorar as competencias de servizos sociais en Ribeira, polo que xa neste 2024 se aumentaron as partidas orzamentarias neste eido. O presuposto destinado neste exercicio a estas competencias estivo dotado de 850 mil euros.