Como cada ano, os letrados de Ribeira reuníronse nunha xuntanza informal para conmemorar a súa patroa, Nosa Señora do Patrocinio. Avogados, xuíces, políticos ou membros das forzas de seguridade non quixeron perder esta data marcada nos calendarios do gremio.
Un evento no que destacan o bo ambiente e os reencontros entre profesionais que aproveitan este día para tender lazos.