A gaita de fol e a música antiga terán en Ribeira un novo curso no Auditorio municipal. Coa mentoría de Paulo Gonçalves, búscase impulsar o coñecemento sobre este instrumento asociado á música tradicional galega.
Ribeira sitúase así como unha das vilas referencia en canto ao ensino de gaita de fol en Galicia ao ser dos poucos conservatorios que contan con cursos deste instrumento.
O curso contará con tres seminarios, comezando o primeiro deles esta fin de semana, e que permitarán asistir a un concerto dun grupo especializado en música anterior ao ano 1800.