A décimo terceira edición Sinson 10k afronta as últimas semanas de preparativos con máis de 1300 persoas xa anotadas. Entre eles, o ilustre atleta Adrián Ben. Será unha carreira especial ao ser a primeira sen Manel Deán, antigo concelleiro de Deportes e un dos impulsores da proba.
O ex edil desta titularidade leva na memoria dos seus compañeiros dende o mes de xuño, polo que non quixeron esquecelo na presentación deste evento.