Hai pouco máis de dous anos que Julia Santos se puxo os guantes e subiu a un cuadrilátero. Dende ese tempo a boxeadora sonense, máis coñecida como “La Pulguita”, leva sumando combates, vitorias e tamén títulos, como o ouro que se colgou recentemente no campionato de España de clubs que se celebrou en Palencia. Éxito que a levou a pensar nos seus inicios.