A Deputación da Coruña reduce de 7.000 a 5.000 o número de habitantes necesarios para que un concello poda concorrer á convocatoria de axudas para a creación e mantemento dos Servizos de Normalización Lingüística. As cidades poderán tamén concorrer para reforzar os servizos existentes. Son algunhas das novidades dunha convocatoria á que a Deputación destina case medio millón de euros, cun incremento sobre o ano anterior en que xa se triplicara o orzamento.
Os concellos de máis de 5.000 habitantes poderán solicitar axudas da Deputación da Coruña para a creación de Servizos de Normalización Lingüística
Please login to join discussion