Un lume afectou na tarde de onte a unha vivenda en Rianxo, concretamente na Rúa de Abaixo. O interior do inmoble non sufriu danos e os ocupantes xa estaban fóra á chegada dos equipos de emerxencia. Tan só o balcón revisteu danos por mor das lapas.
Os Bombeiro de Boiro tiveron constancia dos feitos preto das tres e media da tarde. Á chegada ao lugar xa estaba alí a Policía Local, e as labores de extinción do lume non supuxeron traballo en exceso.