A fin de semana chega a Boiro cargada de descontos. Os comercios preparan rebaixas para o venres e o sábado, primeiro co Black Friday e despois coa Noite Aberta. Máis de 30 establecementos participan nunha nova edición desta iniciativa que inclúe descontos e actividades para todas as idades.
Xúntanse así dous eventos de rebaixas para os comerciantes coa intención de atraer o maior número posible de compradores a Boiro. Haberá tamén animación de rúa, sorteos, agasallos e chocolate con churros para as primeiras 600 persoas con tickets de establecementos participantes que se acheguen á jaima da ABE na rúa peatonal.