Clérigos e gardas civís vestiranse de curto o vindeiro 15 de decembro no campo de Vista Alegre. O motivo, un partido de fútbol solidario en beneficio de Cáritas. A iniciativa naceu no concello de Cuntis e por mor da pandemia deixou de celebrarse, pero agora dende Boiro pretende retomala para axudar aos máis desfavorecidos.
A idea de retomar este evento naceu dende o seo da igrexa en Boiro, que coa intención de sumar esforzos cara a campaña de Nadal de Cáritas contactou coa Garda Civil e o Concello para organizar o partido.