As fortes choivas e os refachos de vento afectaron gravemente ao fútbol galego esta fin de semana. Os partidos do domingo tiveron que ser aprazados na súa maioría. Dos seis equipos do Barbanza na categoría, só dous puideron desputar a xornada.
No grupo 5 o único en xogar foi o SD Valiño, que caeu na casa por 0 a 2 ante o UDC Vilaboa. Os de Cabo de Cruz comezaron co pé esquerdo o encontro, xa que aos sete minutos xa ían por detrás no marcador. O segundo dos visitantes chegou na segunda parte, cando no 62 sentenciaron o partido. Con este resultado o Valiño sitúase sexto a catro puntos do Arcade, equipo que marca o corte para os postos de fase de ascenso.