Días de ledicia nun momento complicado para o Portus Apostoli, que hoxe disputa a eliminatoria ante o Levante da Copa do Rei. O seu canteirán, Mateo Vázquez, coñecido como Koeman, vén de ser convocado pola Selección Española sub19. O ala zurdo, que cumprirá en menos dun mes os 17 anos, convértese no primeiro xogador da canteira noiesa en ser chamado polo equipo nacional. Unha nova que recibiu con moita alegría.