Un 25 de novembro máis a comarca tinguiuse de morado para dar visibilidade ás vítimas da violencia de xénero. Eliminar a violencia contra a muller é a finalidade desta data xa que segundo os datos cada 10 minutos asasínase a unha muller no mundo. Violencia que se exerce de moitas maneiras e a través de moitos medios.