38 láminas realizadas nun dos últimos cursos impulsados polo Museo do Gravado de Artes son as protagonistas da última exposición que vén de inaugurarse no museo ribeirense. Estas pezas teñen as súas peculiaridades xa que con elas faise unha homenaxe a Ribeira a partir dunha técnica xaponesa coñecida domo Gyotaku.