A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de asinar o contrato para a execución das obras de construción dos pantaláns para embarcacións pesqueiras no peirao de Cabo de Cruz, no municipio coruñés de Boiro. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita ao municipio.
O contrato asinado recolle un importe total de máis de 700.000 euros para esta dotación ao sector profesional pesqueiro. Portos de Galicia estima que as obras de construción dos pantaláns poidan iniciarse o vindeiro mes de febreiro.
En concreto, esta dotación permitirá crear prazas de amarre para 125 embarcacións de esloras ata 10 metros. Esta capacidade dará resposta á totalidade da demanda existente na actualidade e reserva máis de 30 prazas libres para ocupar no futuro. O prazo de execución previsto para as obras é de 6 meses.
https://www.youtube.com/watch?v=Keqyvvp_VX0