Merendas de Nadal cheas de historias. Ese é o lema da campaña solidaria que Comprarcasa Mirabén lanza un ano máis xunto co Concello de Boiro e en beneficio de Cáritas. Logo do éxito do ano pasado na recollida de xoguetes, o obxectivo este ano son os alimentos típicos de Nadal e os libros.
Leite, galletas ou chocolatinas son os produtos máis demandados polos cativos nas festividades, polo que son os que buscan con esta campaña.