O 2024 foi un mal ano para o sector do mar, sobre todo para algunhas confrarías. Unha que tivo que recorrer a facer ERTE pola falta de volume de peixe, marisco e ingresos foi o pósito de Rianxo. O marisqueo é unha das súas actividades principais e este ano estivo máis de seis meses pechado. E non hai visos de que mellore a súa situación.