Ribeira

PRETO DE 300 VECIÑOS DE AGUIÑO E CARREIRA DESFRUTARON DUNHA XORNADA DIFERENTE NA COMIDA DO CLUB DE XUBILADOS

Xa é unha tradición e un ano máis o Club de Xubilados de Aguiño e Carreira celebrou a súa comida anual de confraternidade. E novamente foi todo un éxito xa que preto de 300 persoas déronse cita no salón de banquetes Chicolino, lugar escollido para esta celebración.

Trátase dun acto moi agardado polos socios xa que vai máis alá de compartir mesa xa que se aproveita esta xornada dominical para atoparse, compartir vivencias e por que non celebrar de forma anticipada o Nadal.

O protagonismo foi das persoas, que asistiron a unha comida cun menú completo, no que non faltou o marisco. Logo da sobremesa a tarde a protagonizou a música que nesta ocasión correu a cargo do Dúo Galán.

No encontro tamén houbo representación institucional. O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, entre outros, asistiron ao xantar, ao igual que o senador Manuel Ruiz ou o patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría.

O rexedor local agradeceu aos maiores por todo o que achegaron ao longo das súas vidas ao desenvolvemento e benestar de Aguiño. Ademais reiterou o compromiso do goberno local co colectivo e lembrou que as persoas maiores merecen uns servizos públicos de calidade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.