A semana pasada unha das asociacións culturais máis coñecidas da comarca cumpriu anos. Dúas décadas de traballo en prol da literatura galega, da cultura en xeral e onde a música tamén ten o seu espazo. O sábado a Pousada da Galiza Imaxinaria foi parte desta celebración ao abrir as súas portas para acoller a Festa da Poesía e da Música Barbantia.