Eran as 3.32 horas da madrugada de hoxe cando o 112 recibiu unha alerta por un incendio nun piso situado na Praza da Lonxa, no malecón de Ribeira. Un particular fixo a chamada e posteriormente avisou aos veciños do inmoble, que saíron rapidamente á rúa. Mentres Emerxencias Galicia solicitaba a colaboración do 061, dos Bombeiros de Ribeira e de Boiro e da Policía Nacional.