A aposta pola reciclaxe é un dos eixos de actuación do Goberno local de Boiro. Para favorecela ao longo de toda a localidade, o concello vén de poñer en marcha tres puntos limpos móbiles que se repartirán por todas as parroquias. Esta mañá entrou no programa “Reciclaxe en movemento” o terceiro punto que engadiu o Executivo.