O Cross de Noia volve rexistrar un novo éxito de participación. Preto de 1500 escolares de centros do concello chegaron en máis de 30 autobuses ao campo de San Lázaro para darse cita nun dos eventos deportivos máis agardados polos cativos.
O Julio Mato Matito convirtiuse no día de hoxe nun lugar ateigado de nenos, profesores, pais e nais impacientes por ver as carreiras e dar o mellor de cada un.
Ata o campo desprazouse o conselleiro de Deportes, que destacou a importancia do programa Xogade, que cun orzamento de 4 millóns de euros promove estas actividades deportivas por todo Galicia.