A proba Nada e Corre de Muros celebra este sábado a súa cuarta edición con 130 cativos anotados. Consistirá en nadar e correr e a clasificación decidirase segundo a suma dos tempos en ambas disciplinas.
Haberá categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, e o Concello asumirá o custo da licencia dun día dos participantes non federados. Contarase coa presencia de clubes de lugares como Outes, Santiago, Noia ou Vedra, polo que a proba se convirte así nun referente neste eido na comarca.
Dende o goberno local esperan que sexa unha mañá de lecer, deporte e hábitos saudables para os máis novos e as súas familias, en palabras da alcaldesa María Lago.
Está organizado pola Federación Galega de Triatlón e o Concello de Muros, coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte, Protección Civil, GES de Muros, Policía Local e Garda Civil, persoal de Deportes, Serres Runners, e os clubes deportivos de Muros, que achegan voluntarios para que o desenvolvemento da proba sexa o mellor posible.