O DOG licita hoxe obras de mellora do saneamento en PORTO DO SON

A Xunta de Galicia licita hoxe no Diario Oficial de Galicia (http://bit.ly/2iHyhlw) o contrato de obra pública, destinado a mellorar o saneamento do concello de Porto do Son no que se investirán máis de 450.000 euros para a execución das obras de saneamento do núcleo de Caamaño e para mellorar e ampliar a EDAR de Xuño. Estas obras comprenden as actuacións precisas para a posta en servizo efectiva da EDAR de Xuño, xa que é necesario actuar na depuradora e realizar a conexión coas parroquias de Xuño e Caamaño, onde reside a poboación que pretende servir.

En concreto, os traballos incluirán unha serie de arranxos e a execución de instalacións novas na infraestrutura xa existente da EDAR. Ademais, acometerase a conexión desta depuradora cos núcleos de Xuño e Caamaño a través de tres tramos de colectores por gravidade dunha lonxitude total de 788 metros, e dun novo bombeo

https://www.youtube.com/watch?v=frJ0CyTkbVU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.