A Cidade da Cultura leva tempo sendo o epicentro de vacinación en Galicia. Dende alí o conselleiro de Sanidade fixo un chamamento aos galegos a inmunizarse ante esta enfermidade, levando xa 378 mil cidadáns.
Durante a visita, o titular de Sanidade animou á poboación galega a vacinarse, especialmente aos profesionais sanitarios e ás mulleres embarazadas, colectivos onde se rexistra unha taxa máis baixa de inmunización.
Neste sentido, detallou que a cobertura da vacinación de gripe en persoas de 80 e máis anos en Galicia ronda o 76 por cento, e que a cobertura do grupo de idade de 65 e máis se sitúa agora nos 42,5 puntos porcetuais.

