O Goberno galego prorroga os Orzamentos de 2016 “para que Galicia non se pare nin un só día” mentres non se aproben as contas para 2017

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello unha achega de 5 millóns de euros para as axudas do Bono de alugueiro social que ampliará a súa duración de dous a tres anos e ampliará tamén os seus beneficiarios.
No que respecta á contía, Feijóo precisou que con este investimento, os beneficiarios poderán seguir tendo unha axuda mensual de ata 200 euros, que poderá incrementarse ata un 20% no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia onde necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros.
A esta cantidade súmase tamén una axuda única de 600 euros para os gastos derivados da formalización de novos contratos de alugueiro ou para o pagamento de atrasos no caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento.
O presidente do Goberno galego concluíu lembrando que o Bono de alugueiro social enmárcase nas 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda. Non en van, ao abeiro destas iniciativas xa se atenderon a máis de 1.100 familias, entre as que se atopan as 248 ás que xa se lles concedeu o Bono de Alugueiro Social.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.