Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira procederon á detención dun home e unha muller como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas. Acción realizada no marco dun dispositivo establecido para a prevención do tráfico e consumo de estupefacientes na vía pública.