O novo centro de saúde de Noia xa é unha realidade. O presidente da Xunta vén de anunciar a súa aprobación no consello do goberno galego, cun investimento de 10 millóns de euros.
O concello xa puxo a disposición os terreos onde se situará a infraestrutura, que comezará a construírse no 2026. con el aumentaranse os servizos prestados a máis de 32 mil habitantes de Noia e a súa contorna.