Deportes

RESULTADOS DISPARES NA TERCEIRA RFEF. O NOIA SOMETE AO SILVA POR 4 A 1 NO JULIO MATO, MENTRES QUE O BOIRO VOLVE DE OURENSE CUNHA DERROTA POR 4 A 3.

O gran resultado da xornada colleitouno o CF Noia, que venceu na casa ao Silva. Os de Iván Carril firmaron a súa maior goleada do ano ante un equipo que deu guerra ata o silbido final.

Os noieses non comezaron con bo pé o encontro, concedendo ocasións para os visitantes. Despois desas chegadas do Silva, chegou un dos puntos claves do partido. Facundo Moreyra internou na área visitante, sendo derribado por un defensa e obtendo un penalti para o Noia. O disparo de Piñeiro foi repelido polo arqueiro e enviado a córner, pero de novo Facu Moreyra acaparou o protagonismo, anotando un remate de cabeza no saque de esquina.

A primeira parte continuou con aproximacións dos visitantes, que atoparon a solidez defensiva do Noia diante. O paso por vestiarios favoreceu aos locais, que volveron verse cos once metros. No minuto 55 un disparon de Moreira bateu no brazo dun defensor do Silva, concedendo un penalti para os noieses, que desta vez Aldán non errou, subindo o 2 a 0 ao marcador.

Con este resultado o Noia amosouse máis cómodo sobre o céspede, e aínda que o Silva dispuxo de ocasións para recortar distancias, no 65 Aldán puxo un centro para Piñeiro, que anotou o 3 a 1. sen renunciar a máis, os locais marcaron o 4 a 0 só catro minutos máis tarde. Facu Moreira centraba á área para que Losada enviara o balón á esquina da portería. Con este resultado os coruñeses pouco puideron facer a parte de anotar o gol da honra para certificar o 4 a 1 definitivo.

O CF Noia sitúase sétimo con este resultado, acumulando 16 puntos, a só dous dos postos de fase de ascenso.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.