O 2024 vai chegando ao seu final e pecharase sendo un ano complicado para o sector pesqueiro. Un dos segmentos da flota máis afectados pola falta de cotas é o cerco. Varias embarcacións tiveron que amarrar pola falta de cupos e especies que capturar aínda que hai unha que segue aberta, a sardiña.

