Deportes

O BOIRO VOLVEIBOL VAI A POLA QUINTA VITORIA SEGUIDA NO DERBI GALEGO ANTE O DUMBRÍA

Nova fin de semana, nova xornada da Superliga 2. Os xogadores do Boiro Voleibol vestiranse mañá de curto para medirse ante un rival máis que coñecido, o Dumbría. Tras cinco encontros disputados no que vai de campaña, os boirenses chegan a este derbi galego no segundo lugar do grupo A, mentres que o seu rival é sexto.

O conxunto adestrado por Adrián Alves afronta este encontro coas gañas e a ilusión de brindarlle a quinta vitoria seguida á súa afección. Os do Barbanza arrancaron a liga caendo na pista do Vigo Voleibol, dende a súa estrea non deron o seu brazo a torcer e encadean catro triunfos seguidos, o último con remontada incluída ante o Sporting Soria.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.