Ribeira

A III RUTA DO LIRIO REXISTRA UN ÉXITO EN RIBEIRA E A POBRA

O lirio conquistou Ribeira e A Pobra esta fin de semana coa terceira ruta promovida pola Cooperativa Santa Eugenia OPP 83. En total repartíronse máis de 2.000 tapas aos 25 bares inscritos no programa, que rapidamente esgotaron as existencias.

A iniciativa estendeuse nesta edición á Pobra logo dos bos resultados na anterior campaña, que se trasladaron tamén a este municipio. Os hostaleiros pobrenses resultaron satisfeitos ante o aumento de clientes estes días.

A potenciación dos produtos de proximidade e quilómetro cero así como o atractivo de chamar a máis clientes na busca das mellores tapas foron algúns dos motivos polos que os empresario participaron no evento.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.