A Plataforma en Defensa da Sanidade no Barbanza organizou onte unha mobilización en Rianxo para demandar que se atendan as necesidades de persoal médico e da reforma da PAC. Un nutrido grupo de veciños manifestáronse e percorreron os tres kilómetros que separan o parque industrial do centro de saúde do municipio.