O Consello da Xunta avaliou na xuntanza de hoxe o continxente de profesionais e medios de emerxencias coordinados polo Goberno galego en resposta ao chamamento feito pola Comunidade Valenciana para o apoio ás persoas afectadas pola catástrofe natural. Trátase de douscentos técnicos de distintos departamentos autonómicos e de administracións locais, xunto con case un cento de vehículos e diverso material de emerxencias.
A XUNTA COORDINA O ENVÍA DE DOUSCENTOS PROFESIONAIS, CASE UN CENTO DE VEHÍCULOS E MATERIAL DE EMERXENCIAS PARA AXUDAR ÁS PERSOAS AFECTADAS POLA DINA EN VALENCIA


