Máis que Tapas desembarcou en Rianxo para rexistrar un novo éxito durante a fin de semana. Ata sete establecementos hosteleiros elaboraron un prato especial para a ocasión, o que congregou a centos de visitantes nos seus locais.
É o caso do bar Castelao, que coa Tapa Sofía 5.0 acaparou a atención na vila un ano máis. Unha tapa ademais, cun significado moi especial.