Aguiño segue reclamando un médico no centro de saúde. Unha semana máis os veciños da parroquia ribeirense volveron concentrarse nas portas do edificio demandando mellores servizos ee a presencia de maior número de profesionais.
Os traballadores do lugar afirman estar soportando maior carga laboral do normal, tendo que derivar a moitos pacientes a Ribeira, onde tamén faltan doutores, facendo que ambos centros se saturen.