Icono del sitio CanalBarbanza.com

A POBRA PRESENTA UN CICLO DE CINE CON PROTAGONISMO PARA OS FILMES GALEGOS, ESPAÑOIS E DE TERROR

O teatro Elma recupera a actividade cinematográfica grazas ao novo ciclo de cine proposto polo Concello da Pobra do Caramiñal.

A concellaría de Cultura impulsa así as proxeccións de filmes galegos, españois e de terror, escapando das películas máis comerciais e ofrecendo unha programación máis diversa.

As proxeccións serán os venres, un ao mes, para buscar unha data compatible coa conciliación laboral da meirande parte dos veciños.

Salir de la versión móvil