O COMITÉ DE EMPRESA DO CONCELLO DE BOIRO ESIXE AO GOBERNO LOCAL A APROBACIÓN DA RPT

Os traballadores do concello de Boiro urxen ao executivo local a aprobación da relación de postos de traballo. Aféanlles a tardanza no proceso de elaboración ao tempo que critica a contratación dunha empresa externa para a súa revisión.

As portas do edificio consistorial de Boiro estiveron abarrotadas de operarios e traballadores do concello demandando a aprobación da RPT actualizada co obxectivo principal de reducir a fenda salarial entre os maiores e menores soldos.

Salir de la versión móvil