O polígono boirense de Espiñeira avanza no seu proceso de ampliación. Logo da reunión mantida entre o goberno municipal e a conselleira de Economía e Industria o pasado sábado, queda ultimar os detalles para comezar a atraer empresas a Boiro.
O encontro sirveu a ambas administracións para analizar as necesidades de solo no municipio, no marco do obxectivo marcado pola Xunta de ampliar o espazo empresarial de cara ao 2025.
dende o concello de Boiro califican de produtiva esta reunión.