O concello renovará as beirarrúas na rúa do BARREIRO na localidade de PALMEIRA

O Concello de Riveira activou unha nova actuación dirixida á renovación das beirarrúas da rúa do Barreiro: vía situada na parroquia de Palmeira.

A infraestrutura en cuestión está bastante deteriorada, co cal se fai preciso renovala e instalaranse un total de 1.104 metros cadrados de pavimento a base de baldosa hidráulica de 33×33 centímetros en cor gris, ademais de 100 metros cadrados de bordillo prefabricado de formigón.

A entidade en que recaeu o desenvolvemento desta obra foi Tamara Fernández Párez. O seu prezo ascende 25.560,16 euros, IVE incluído.

https://www.youtube.com/watch?v=zVTu7SzwE2s

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.